Docudrama ou “docusoap” realizado no Monte do Gozo, un universo singular prácticamente descoñecido polo gran público. O Monte do Gozo é o derradeiro albergue no Camiño de Santiago e parada obrigada de pelegríns e visitantes a noite anterior á sua entrada en Compostela.
A chegada de xentes de todo tipo e condición e de tódolos lugares imaxinables necesita dunha gran organización. Preto de 100 traballadores forman parte deste entramado hoteleiro.
O programa tenta retratar a vida cotián destes personaxes. Participar dos seus problemas e compartir as súas alegrías. En definitiva, convivir con eles e ser testemuñas do seu traballo.
Realizado en coincidencia co histórico concerto dos Rolling Stones neste complexo, analizará tamén as consecuencias e tensións que houbo que afrontar cara este evento.
Dirección: Teo Manuel Abad
Producción executiva: Mª Ignacia Ceballos
Realización, Guión, Cámara e Locución: Chema Gagino
Producción e Documentación: Sara García Gonzalo, Francisco G. Mella, Rosa Regueiro
Son: Santiago Alcalá
Edición e Posprodución: Carlos L. Rios
Posproducción Audio: Raquel Caridad, Juan E. Pérez Quintáns
Infografía: Ignacio de la Cierva
Produción Zenit Multimedia / T.V.G.
Xénero Documental
Tipo Serie TV
Duración 3 capítulos de 30 min.
Ano 1998
Realizada Cor
Idioma Galego
LIGAZÓNS:
Cultura Galega: