Biografía
Director e Realizador de cine e TV. Os seus comenzos no campo da imaxe foron fotográficos, realizando varias exposicions (salas Anue, Os Arcados, Mestre Mateo,…), como corresponsal gráfico na primeira revista en galego (“Teima”) e único galego seleccionado no primeiro Anuario Fotográfico Español (“Quinta Generación”, de Nueva Lente).
A mediados dos setenta colabora cos pioneiros do cinema galego contemporáneo a través das producións do colectivo “Imaxe” en formato Súper 8 e 16 mm. A comezos dos oitenta participou na fundación da primeira produtora audiovisual de Galicia, “Espello Vídeo Cine”, ó tempo que comenza as suas primeiras videocreacións.
Foi membro fundador do colectivo de arte “A Carón” e as empresas audiovisuais “Triax”, “Zenit” e “Formateo”.
Formou parte da Comisión de Imaxe de Nova Escola Galega, da Oficina Permanente de Pedagoxía da Imaxe (Gijón), da Comisión Oficial fundadora da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da primeira Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Foi Xefe de Realización de Programas de T.V.G. e premio “Santiago” otorgado por T.V.E. a mellor laboura no campo da imaxe.
Seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para a su primeira antoloxía de videocreación en España, “La imagen sublime”, asi como pola Universidade Internacional Menendez Pelayo e o Museo Español de Arte Contemporaneo (con “O neno con pernas de pomba”). Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea (“Prologo”).
Entre outros, posue os premios do Festival Internacional de Video de Madrid, Vitoria, Braga… asi como o Mestre Mateo a mellor longametraxe documental con “Flores Tristes”. Selección Expo-92 (con “Hardo”) e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastian (con “Denantes”).
Participou no libro “Television e Sociedade” (Ed. Lea), asi como en artículos e cursos sobre imaxe e comunicación.
Colaborou en formatos para diversas productoras como “Comunicasom”, de Lisboa (“Minas e Armadhillas”, “SIC 10 horas”, “Fátima Lopes”, “As duas por tres”, “Boca a boca”), Video Voz , CTV, Faro TV, Artiket, Portico de Comunicaciones, Druida Danza,… Entre as suas produccións e xéneros en cine, televisión ou publicidade: Documentais (“Contraaluz”, “Flores tristes”, “Amalia, última noticia”, “Lendas do mar”), Ficción (“Contar”, “Hardo”, “Pequeno Hotel”), Magazines (“Encontros”, “Corazonada”), Humor (“O mellor”, “Con perdón”), Concursos (“Son de estrelas”), Musicais (“Luar”, “Mar a mar”), Experimentais (“A mellor television do mundo”, “TV pirata”), Campañas, (“Galicia Terra Unica”, “Xacobeo”), Concertos (“Elton Jhon”, “Santana”), Publicidade (“Roberto Verino”, “Fálalle galego”)…
Formateo S.L.
Formateo S.L. é unha empresa audiovisual que naceu con este século. Constituida no ano 2000 por Teo Manuel Abad, conta xa cunha longa e versatil carreira desenvolvida no diseño, dirección, produción, realización e promoción dos mais diversos productos audiovisuais.
A sua experiencia abarca dende traballos profesionais para televisión, incluindo a organización e resolución de grandes eventos, ata productos cinematográficos, documentais, ou da mais pura experimentación visual.
Entre as suas produccions estan:
CONTRAALUZ.
Longametraxe documental sobre violencia de xénero. En fase de producción.
SEXO, ENTRE O CEO E A TERRA.
Longametraxe documental sobre a sexualidade e o seu impacto na Galicia rural. En coprodución con Faro TV. 2009.
FLORES TRISTES.
Longametraxe documental sobre a memoria histórica. En coproducción con Portico de Comunicaciones e Tic Tac Producciones. 2008
AMALIA, ULTIMA NOTICIA.
Documental sobre a ultima gravacion que Amalia Rodrigues fixo en vida. Para TVG. 2007
SON DE ESTRELAS.
Concurso musical. Para Voz Audiovisual. 2007
VERDE TRANSPARENTE.
Videodanza. Con Druida Ballet. 2006
UNHA NOITE NON E NADA.
“Late night” presentado por Carlos Blanco. Capitulo Piloto. 2007. Con Filmanova S.A.
RAIL. Calendario cultural.
Con Portico de Comunicaciones, S.A. 2005.
SANTOS E PECADORES.
Serie Documental para T.V.G. 2005
XACOBEO 2004.
Espectaculos musicais e audiovisuais. 2004. Con Artiket, S.A.
Premios MESTRE MATEO, MM3.
Gala Audiovisual. 2003. Con a Academia Galega do Audiovisual.
PEQUENO HOTEL.
Sitcom. 2001/2002. Con CTV, S.A.
LUAR.
Programa musical. Semanal. Dende o ano 2000, para a T.V.G.