Fundador de Formateo, SL.


Director e Realizador de cine e TV. Os seus comenzos no campo da imaxe foron fotográficos, realizando varias exposicións (salas Anue, Os Arcados, Mestre Mateo), como corresponsal gráfico na primeira revista en galego («Teima») e sendo o único galego seleccionado no primeiro Anuario Fotográfico Español («Quinta Generación», de Nueva Lente).
A mediados dos setenta colabora cos pioneiros do cinema galego contemporáneo a través das producións do colectivo «Imaxe» en formato Super 8 e 16 mm. A comezos dos oitenta participou na fundación da primeira produtora audiovisual de Galicia, «Espello Vídeo Cine», ó tempo que comenza as suas primeiras videocreacións.
Foi membro fundador do colectivo de arte «A Carón» e as empresas audiovisuais «Triaxe», «Zenit» e «Formateo».

Formou parte da Comisión de Imaxe de Nova Escola Galega, da Oficina Permanente de Pedagoxía da Imaxe (Gijón), da Comisión Oficial; fundadora da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da primeira Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Foi Xefe de Realización de Programas de T.V.G. e premio «Santiago» otorgado por T.V.E. a mellor laboura no campo da imaxe.
Seleccionado polo Museo de Arte «Reina Sofia» para a su primeira antoloxía de videocreación en España, «La imagen sublime», (con «Denantes»), e mais tarde para os seus «Visionarios Españoles» na «Bienal de la Imagen en Movimiento» (con «365»), asi como pola Universidade Internacional Menendez Pelayo e o Museo Español de Arte Contemporaneo (con «O neno con pernas de pomba»). Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea («Prologo»).
Entre outros, posue os premios do Festival Internacional de Video de Madrid, Vitoria, Braga, asi como o Mestre Mateo a mellor longametraxe documental con «Flores Tristes». Selección Expo-92 (con «Hardo») e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastián (con «Denantes»).
Participou no libro «Television e Sociedade», asi como en artículos e cursos sobre imaxe e comunicación. É profesor do Master Universitario «Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais» da Universidade de Vigo.
Colaborou para a productora de Lisboa «Comunicasom» , desde 1993, nos programas de TV, «Minas e Armadhillas», «S.I.C. 10 horas», «Fatima Lopes», «As duas por tres» ou «Boca a Boca».

Entre as suas produccións e xéneros en cine, televisión ou publicidade: Documentais («Sexo, entre o ceo e a terra», «Amalia, última noticia», «Lendas do mar»), Ficción («Contar», «Pequeno Hotel»), Magazines («Encontros», «Corazonada»), Humor («O mellor», «Con perdón»), Musicais («Luar», «Mar a mar»), Experimentais («A mellor television do mundo», «TV pirata»), Campañas, («Galicia Terra Unica», «Xacobeo»), Concertos; («Elton John», «Santana»)…